Un cinema que está a nacer

V�ctor Erice

“-Esta proposta fílmica [a de Correspondencias] ven demostrar máis unha vez que tanto vostede coma Kiarostami non están dispostos a someterse ás leis que marca a industria do cinema. Pensa que os cineastas con soberanía propia, como vostedes, están obrigados a traballar de forma totalmente independente ao mercado?
-Acho que enuncia vostede a cuestión nuns termos unha gota exaxerados. Un apenas tenta sobrevivir, sobrevivir resistindo, claro, facendo o que se dá feito. A independencia en abstracto non existe. Non ignoro que este acontecemento é tamén un acto cultural que responde a distintos intereses. Mais non hai outra que arriscar, coa esperanza de que por baixo dos aspectos ornamentais agrome algo vivo. Hai un feito que cómpre recoñecer: la liberdade e a axuda material que tiven neste caso. Grazas a elas puiden realizar expresamente para a exposición, ademais das cartas, un filme de media hora de duración, La Morte Rouge.

[…]

-Considérase un outsider?
-Non sei moi ben que quere dicir con iso… Tento volver ao cinema algo do moito que me deu. Sei ben o que é, e a que me obriga. Dease de conta de que falo do cinema e non da industria cinematográfica, que pertence a outra orde, importante, mais subsidiaria. En canto ao mercado… aí está, como ignoralo! Mais no que di respecto ás prácticas cinematográficas, existen indicios, xurdidos ao compás do desenvolvemento das novas tecnoloxías, de que estamos no limiar de algo novo. Porque, ademais, semella evidente abondo que hai un cinema que morreu e outro que está a nacer, en todas partes.”

(da entrevista de Carlos Reviriego a Víctor Erice para “El Cultural” de El Mundo, que podedes ler completa en español aquí)