O travelling de ‘Kapo’

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/N2ItoFpO6UI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
“Ao optar tan logo pola panorámica de Contos da lúa vaga contra o travelling de Kapo, escollín algo cuxa gravidade non comprendín até dez anos despois, ao abeiro, tan radical como tardío, da politización post 68 dos Cahiers. Agora, se Pontecorvo, futuro director de A batalla de Arxel, é un cineasta valiente do que comparto en xeral as opinións políticas, Mizoguchi viviu apenas para a súa arte e semella que foi, politicamente falando, un oportunista. ¿U-la diferencia? Xustamente no “medo e o tremor”. Mizoguchi tenlle medo á guerra porque, a diferencia do seu irmán máis novo Kurosawa, espántano os homes cortándose mutuamente as carótidas contra un fondo de virilidade feudal. Dese medo, desas ganas de vomitar e fuxir ven aquela panorámica sorprendente. É ese medo o que fai dese un momento xusto, quer dicir, un momento que se pode compartir. En canto a Pontecorvo, nin trema nin ten medo; os campos de concentración apenas o indignan ideoloxicamente. Por iso se inscribe “á marxe” da escena, so os auspicios proxenetas dun bonito travelling”.

Por Serge Daney. Podedes ler o texto completo en castelán aquí.