Wiseman, as condicións mudaron?

Lei e Orde

Fujiwara Toshifumi: Fred, és un dos poucos grandes directores aos que lle censuraron o primeiro filme.
Frederick Wiseman: 24 anos.
FT: Como te sentes sobre iso?
FW: Teño unha visión máis simple que a de Robert [Kramer], estou en contra. Mais decote, o conto do que dis está na complicidade, en que a xente que censura quere que o cineasta colabore na decisión. Eu atopo iso na televisión pública estadounidense. Está moi balcanizada e nalgunhas emisoras non permiten que se emitan as palabras “castrón” ou “merda”. O meu contrato coa televisión pública di por escrito que non se poden facer cambios sen o meu permiso. E todos os anos chegan e dinme que tal emisora de Carolina do Sur ou tal emisora de Houston non vai pór tal filme. Vala cortar? E eu digo “NON, se corto a linguaxe estou a censurar o meu propio filme”. Axúdoos a sair dunha situación difícil. Quero que se poña o film, mais non vou comprometer o que penso que é correcto para lograr que se poña. […]
Con Titticut Follies, a decisión orixinal da Audiencia Suprema de Massachusetts dicía que tiña que pór unha nota ao final do filme, explicando que mudaran as condicións en Bridgewater desde que se fixera o filme. Tiña que facer iso para proxectar o filme en calquera sitio. Así que coloquei un intertítulo que dicía “Por orde da Audiencia Suprema de Massachusetts, cómpre incluír unha nota final neste filme, dicindo que as condicións mudaran”. Había ese intertítulo e logo outro que dicía “As condicións mudaron”. E un final perfecto para o filme, porque reflicte a ridiculez da orde.

Anaco dunha entrevista de Aaron Gerow e Fujiwara Toshifumi a Frederick Wiseman e Robert Kramer. Podedes ler a entrevista enteira en inglés aqui.

Mércores 25 de Abril de 2007 ás 22:00
Lei e orde
(Law & Order, Frederick Wiseman, EUA, 1969, 81′, VOSE)