Naquel intre, a guerra de Alxeria era o principal problema político…

“…Ubiquémonos nos anos 50, cando as cámaras eran pesadas e estáticas. Eu fora a un encontro de cinema en California, onde coñecera a Michel Brault, que me mostrou o filme Os raqueteiros (1958). Pediume que pasara por Montreal; eu aceptei o convite e vin os primeiros filmes feitos polos cineastas mozos do Quebec. Eles estaban a empregar un novo tipo de lentes, o grande-angular; tamén estaban empezando a sacar a cámara do trípode e a “camiñar con ela”. Encantoume. As cámaras eran aínda ruidosas, mais se un envolvía un abrigo ao redor delas podíase evitar algo de barullo.

De volta a Franza, Morin faloume da idea do filme. Comecei cun moi bo camarógrafo, mais cando lle pedín que “camiñara polas rúas” o pobre home renunciou; era de máis para el. Daquela díxenlle a Anatole Dauman, o produtor, que o único que podía facer o que precisabamos era Michel Brault. Que ofensa para o cinema francés! Tiñamos que ir a Montreal a buscar a persona que necesitabamos. Ao tempo falei con Raoul Coutard, que era o pai da cámara “Eclair Cammeflese 35 mm”, e contoume que había unha cámara nova que me podía interesar. Era un prototipo militar construido para ser empregado nun satélite espacial. Era lixeira, segura e firme. Infelizmente, tiña capacidade para tres minutos de filme tan só. Pedinlle que construíra un modelo con maior capacidade, e el dixo que o ía tentar. É así como empezamos a filmar cunha cámara que non existía. Tiñamos un contrato co fabricante, polo cal eles non se facían responsábeis dos problemas que a cámara puidera ocasionar ao filme, mais Coutard aceptou reparala mesmo todas as noites. Logo de cada filmación, Edgar e máis eu llevabámoslla e deciámoslle qué problemas atoparamos, e que novas propostas tiñamos.

A creación da cámara precedeu ao filme. Púxenme moi ledo co resultado. Estaba dobremente feliz, por traballar con xente tan seria e por ver cómo a cámara nacía. Mais había un problema con eles, e especialmente con Morin, quen non se daba de conta do pracer que un pode chegar a ter na vida por cousas coma estas.” 

Jean Rouch durante unha entrevista realizada por Dan Georgakas, Udayan Gupta e Judy Janda en Nova Iorque, setembro de 1977. Un anaco da entrevista foi vertida ao galego por Xan Gómez Viñas e tédela acó. A entrevista, traducida ao castelán, podédela coller pasando por esta web.


Mércores 11 de abril ás 22:00
Os raqueteiros
(Les Raquetteurs, Michel Brault e Gilles Groulx, Quebec, 1958, 14′, VO)
Crónica dun verán (Chronique d’un été, Jean Rouch e Edgar Morin, Francia, 1961, 90′, VOSG)