Bs. As., Alberte Pagán no Cineclube

alberte pagan Bs. As. cinema galego

Este mércores da semana que entra o Cineclube vai estrear en Compostela Bs. As., o último filme do cineasta Alberte Pagán (Conversas em Zapatera, Como foi o conto, Os Waslala). Esta peza, Bs. As. foi xa amosado acabando o ano 2006 na sección “Llendes” do Festival Internacional de Cinema Independente de Xixón e vén de ser seleccionado para a competición oficial no Festival Internacional de Cinema Documental de Nafarroa “Punto de Vista”, un certame de referencia para o cinema documental europeo.

Bs. As. narra a historia dos familiares de Alberte Pagán na Arxentina. A narración oral e a lectura de e-mails serven como escusa para facer unha “sinfonía da cidade” de Bos Aires. Pagán evidénciase, o autor faise palpábel na enunciación, parte da súa historia familiar para retratar a cidade e facer unha reflexión sobre o paso do tempo. Pagán chega a Bs. As. despois de varias obras decoñecidas de experimentación e afianzamento no medio audiovisual (Como foi o conto e Os Waslala). Mais, para comprender os seus presupostos audiovisuais, hai que (re)perfilar a súa traxectoria e fixarse na súa faceta de investigador cinematográfico, xa que é unha das maiores autoridades europeas no cinema experimental”. (Xurxo González)

Para máis información sobre o filme podedes consultar a súa páxina persoal.

Mércores, 7 de febreiro, ás 22:00h.
Bs. As.
(Alberte Pagán, Galiza, 2006, 79 min)
Coa presentación do director do filme.