Sen Sol, Chris Marker no cineclube

 

Mércores, 31 de xaneiro, 22:00
Sen Sol (Sans Soleil, Chris Marker, Francia, 1983, VOSG)

Esta semana no Cineclube de Compostela proxectaremos “Sen sol”, un dos filmes máis importantes do documentalista francés Chris Marker. “Sen sol” (1983) é un caderno de viaxes pola vida, un diario poético que vai de San Francisco a Toquio. Une documental e fición, xoga coa montaxe e recréase no mundo onírico que lle suxire a música de Mussorgski para falar dos recordos.

descarrega a programación en pdf