Ivens+Birri no Cineclube

No se puede mostrar la imagen “http://www.geocities.com/cineclube_compostela/xaneiro.gif” porque contiene errores.

Esta semana haberá no Cineclube de Compostela unha sesión dobre, coa proxección -o mércores 24 ás 22:00 horas- de dous documentais realizados en Latinoamérica a empezos dos anos 60′.

En primeiro lugar proxectaremos “Tire Dié”, a primeira enquisa filmada realizada na Arxentina. Documental de media hora, realizado por Fernando Birri coa colaboración dos seus alumnos/as do Instituto de Cinematografía da Universidade Nacional do Litoral. O filme, gravado entre 1956 e 1958 e estreado en 1960, virou axiña referente obrigado do documental latinoamericano pois constitue o primeiro filme do continente no que se lle daba voz e imaxe ao pobo, gravando as míseras condicións de vida dos arrabaldes da cidade arxentina de Santa Fé.

En segundo lugar pasaremos “…A Valparaíso”, mediametraxe realizada en Chile, polo documentalista holandés Joris Ivens. O filme, dedicado á cidade de Valparaíso, coñecida daquela dende occidente como prestixioso destino turístico, trascende axiña a postal para adentrarse nas condicións de vida dos habitantes reais de Valparaíso. “…A Valparaíso” conta ademais cun segundo autor ou colaborador, de grande importancia do historia do cinema documental. Trátase do francés Chris Marker, autor do texto que se escoita en off que contitúe unha parte fundamental do filmes. Asemade, gran parte das imaxes foron gravadas por Patricio Guzmán, -daquela mozo operador de cámara – que dez anos logo realizará “A batalla de Chile”. Verbo deste filme dixo Claude Brunel:

“Maxestoso poema audiovisual sobre o porto de Valparaíso, a cidade con
corenta e dous outeiros e un prestixioso pasado, mais tamén unha ollada á
realidade social do momento, verbo da riqueza e a pobreza, a través do
leitmotiv dos elevadores…. Este filme, cuxa cantiga percorreu o mundo
enteiro, constitúe un dos cumios da obra artística de Joris Ivens”

***
Ler o texto de Fernando Birri “Que precisa o cinema arxentino”pdf
***

Mércores, 24 de xaneiro, 22:00
…A Valparaíso (Joris Ivens / Chris Marker, Chile, 1962, VO)
Tire Dié (Fernando Birri, Arxentina, 1962, VO)

Mércores, 31 de xaneiro, 22:00
Sen Sol (Sans Soleil, Chris Marker, Francia, 1983, VOSG)

descarrega a programación en pdf