Novembro: Ao oeste dos camiños de ferro

Ruínas do Futuro

Mércores 22 de novembro | 22.00
Ao oeste dos camiños de ferro (Vestixios)
Tie Xi Qu, Wang Bing, China, 2003

vindeiras proxeccións:
(mércores 29: Camiños de ferro)

***
Lu Xinyu: Ruínas do Futuro. Clase e historia n’O distrito Tie Xi

Este artigo de Lu Xinyu foi publicado na New Left Review, nº32 de maio/xuño 2005. A autora é profesora e cinema na Universidade de Fudan, Xangai. No ano 2003 publicou en Pequín Documenting China: The Contemporary Documentary Movement in China.

A tradución dende o castelán é de Ramiro Ledo Cordeiro.
Descarrega o PDF pinchando aquí

***

O Cineclube de Compostela ocuparase durante todo mes de novembro da proxección dun dos filmes máis importantes do noso tempo: “Ao oeste dos camiños de Ferro”, do chinés Wang Bing, dá conta da desestructuración da industria nun barrio en Shenyang. As catro partes do filme suman nove horas que se proxectarán os mércores de novembro ás 22.00 no local social O Pichel.

***

“Se hai un, e só un, filme que sintetice as formulacións e logros do novo
documentario chinés, ese é, sen dúbida “Ao oeste dos camiños de ferro”
(Tiexi Qu, Wang Bing, 2002-2003), auténtica obra mestra do movemento cuxo
visionado permitira falar a un entusiasmado Alain Bergala da “conturbadora
sensación de que este filme inaugura de xeito radical a nova era
cinematográfica”. Rodado ao longo de ano e medio nun decrépito distrito
industrial de Shenyang, o filme -estruturado en tres partes relativamente
independentes e cunha duración total de nove horas- constitúe un
extraordinario fresco verbo dos efectos do desmantelamento das tradicionais
factorías da cidade e o desolado panorama social e psicolóxico dos seus
habitantes. Auténtica suma dos diferentes métodos e rexistros consagrados
para o novo documentario chinés, mais tamén da súa dimensión participativa e
do compromiso cívico, Tiexi Qu é unha obra participativa e de compromiso
cívico, Tiexi Qu é unha obra encol da cumprirá volver nos anos vindeiros”.

(Alberto Elena)

***
Descarrega a programación de novembro en pdf pinchando aquí

9 pensamentos sobre “Novembro: Ao oeste dos camiños de ferro

  1. Asistencia a ‘Ao oeste dos camiños de ferro – Vestixios -parte III’: 8 persoas.

    Velaquí os seus iniciais, en homenxe aos valentes:

    E.P.
    E.M.
    I.C.
    T.M.
    R.L.
    X.C.H.
    A.C.
    D.S.

    Saúde e república (popular galega),
    socialismo ou isto.

    Gústame

  2. … ou como convertir a non asistencia a un filme nun acto de terrorismo cultural e intelectual.

    A prepotencia e condescendencia que destila esta mensaxe contra todo aquel que non acudiu a sesión é xusto o extremo contrario do que o cineclube debería aspirar a ser.

    ¿e para cando medallas para eses 8 valentes?

    Socialismo ou complexo de superioridade.

    Gústame

  3. Medallas é o que merecían, abofé.

    E, efectivamente, acudir en masa a ver a penúltima de Almódóvar e deixar de ir mirar este monumento do cinema contemporáneo -estritamente contemporáneo- amosa non un acto de terrorismo cultural, se non como o terrorismo cultural triunfa mesmo entre sectores a priori exentos dos seus efectos.

    Socialismo ou complexo de superioridade?
    Socialismo ou Almodóvar, socialismo
    ou televisión.

    Gústame

  4. Precisamente esa xente que acude en masa a ver tanto o último filme de: Almodóvar, Scorsese, Ken Loach, Clint Eastwood, González Iñárritu e a cona que o pariu (dos que tampouco compre estar demasiado afastado, sempre hai que saber o que se critica), non son os que exercen o terrorismo cultural, senón as súas víctimas.

    Non estamos (nin estaremos nunca, por fortuna) en condicións de exercer sobre o noso público potencial a mesma manipulación coa que se ven acosados polos grandes (e non tan grandes) medios de comunicación. Simplemente podemos ofrecerlles o que coñecemos e conseguimos e no que cremos que poidan estar interesados.

    ¿Medallas? Sí, por seis anos e pico de programación envexabel e impecabel, por ser os primeiros en Galicia (e en todo o estado español) de achegar este filme o público.

    ¿Medallas para os asistentes a devandita (e polo que semella, épica) sesión? Non, nunca gustei de ombliguismos.

    E ala… socialismo ou socialismo.

    Gústame

  5. Dáme que non estabas aquel día. Facía un frío de carallo e o traballo agardaba menos de oito horas logo. En calquera caso, para min a medalla foi ver o filme. Ser citado polas iniciais, máis ben unha anécdota.

    Non che amolará a ti que non aparecese J.V.?

    Por certo, toda esa leria das víctimas do terrorismo da industrial, quere decir que as persoas non teñen responsabilidade sobre o que han ver, máis aínda quen gasta a súa cinefilia na erma Cineuropa?

    Pola miña banda, voume manter afastado de Almodóvar e CIA. Esa é tarefa complicada. Non achegarse a eles, porque xa andan por todas partes.

    Kracauer, a respecto dunha obreira inglesa: “Non é que ela coñecese a canción. Era a canción a que a coñecía a ela”.

    Gústame

  6. Propunha o grande timoeiro Mao Zedong como método na busca de soluções marxistas, modificando a fórmula clásica, uma tripla receita: Autocrítica, Crítica, Tese final ou solução. Ao outorgar(-nos) medalhas aos escasos assistentes a um filme esquecemos apenas o primeiro dos requisitos do chinês, mas não é pouco. Polo demais, por suposto que estou orgulhoso de ter ido à sessão e suportado aquele frio. Mas também considero um fracaso próprio termos sido tão poucos.

    E ala, que o meu catarro não me dá para razonar mais.

    Gústame

Comentarios pechados.