Cidade, outubro no Cineclube de Compostela

https://i2.wp.com/www.geocities.com/cineclube_compostela/amsterdam.jpg

Mércores 18 de outubro ás 22:00
Amsterdam Global Village (1ª parte)
(Johan van der Keuken, Holanda,
1996, 130’, V.O.S.G.)
Mércores 25 de outubro ás 22:00
Amsterdam Global Village (2ª parte)
(Johan van der Keuken, Holanda,
1996, 115’, V.O.S.G.)

***

O ciclo dedicado á cidade no Cineclube de Compostela segue o seu curso.
Nas dúas sesións vindeiras proxectaremos “Amsterdam Global Village”,
do documentalista holandes Johan van der Keuken, herdeiro da sensibilidade
de Joris Ivens. Ao longo de dous anos, o cineasta percorreu Amsterdam coa
cámara ao ombreiro e acompañado pola súa muller, encargada do son.
E rematou por trascender a cidade das canles e acompañar a moitos dos
habitantes dese fervedoiro multicultural: participamos das tradicións familiares
dun boliviano casado cunha holandesa que volve ao altiplano, coñeceremos
a un oriental que practica o kickboxing, un checheno que volve ao
seu devastado país logo de ver o que acontece aló a través da CNN…
E un marroquino que reparte pizzas. A través das viaxes da súa moto,
siguen a entrecruzarse historias. (+)

***

Páxina web do Johan van der Keuken (+)

***

Lembrade que están ao voso dispor os textos do dossier que preparamos
para este mes en formato pdf premendo aquí. Nas proxeccións de Amsterdam
Global Village
teremos tamén exemplares impresos.

7 pensamentos sobre “Cidade, outubro no Cineclube de Compostela

  1. Bóas! Son nova nesta cidade e gostaría de saber ónde é que son proxectadas esas filmes. En Santa Clara? Non era na SalaYago?
    Obrigada

    Gústame

  2. […] Xa é sabido que o Cineclube de Compostela ten en marcha o ciclo Cidades. Pero non contentes con ofrecer os seus filmes de balde (ben, preferiblemente pagando un abono-axuda de 1 €), veñen de subir á Rede o abraiante dossier do ciclo, que custa 1 € en papel (gratis para os socios) e que podedes descargar de balde aquí. Textos sobre as cidades de Michel de Certeau, Mike Davis, etc., e unha entrevista con David Harvey. Como remate, un texto de Jean-Luc Godard sobre a súa traxectoria. […]

    Gústame

Comentarios pechados.